Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unidas Podemos votará en bloque en contra da reforma da lei do 'só si é si' do PSOE

Unidas Podemos votará en bloque en contra da reforma da lei do 'só si é si' do PSOE

A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, e o ministro de Consumo, Alberto Garzón, votarán non a esta reforma, que abriu unha fenda no Goberno de coalición

Os socios da coalición votarán divididos a toma en consideración da reforma promovida polo grupo socialista

directo
G24.gal 07/03/2023 11:10 Última actualización 07/03/2023 13:01

Unidas Podemos decidiu nunha reunión do grupo votar en bloque en contra da reforma socialista á lei do 'só si é si', cuxa toma en consideración se vota esta tarde no Congreso.

A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz -que evitara pronunciarse ata o de agora sobre o sentido do seu voto-, e o ministro de Consumo, Alberto Garzón, posicionaranse en contra desta reforma, que abriu unha fenda no Goberno de coalición.

Fontes do grupo parlamentario apuntan que "as discrepacias que poida haber, se as hai, quedarán dentro" e recalcan que é preciso dar unha imaxe de "forza e unidade" ante esta reforma presentada polo grupo socialista de maneira unilateral.

O deputado de Unidas Podemos, Javier Sánchez, antes da reunión da Xunta de Portavoces (EFE/ Chema Moya) O deputado de Unidas Podemos, Javier Sánchez, antes da reunión da Xunta de Portavoces (EFE/ Chema Moya)

O deputado de Unidas Podemos, Javier Sánchez, afirma que "hoxe pode ser un día moi triste" porque o PSOE sacará adiante unha iniciativa "que retrocede en dereitos".

Para o portavoz dos Comúns, Jaume Asens, sairá unha imaxe "terrible" do Congreso en vésperas do 8M, aínda que ve marxe para o entendemento durante o trámite parlamentario. Ao seu xuízo, "cando isto colla unha velocidade diferente poden darse as condicións para chegar a un acordo".

O BNG e a CUP votarán tamén non á reforma da lei 

Os grupos que sustentan o Goberno afrontan divididos a toma en consideración da reforma socialista da Lei de liberdade sexual.

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, anuncia que votarán en contra da proposta do PSOE para reformar a lei do 'só si é si', xa que consideran un "retroceso inadmisible" esta reforma que, ao seu xuízo, "volve ao modelo anterior".

Néstor Rego nunha conferencia de prensa antes da reunión da Xunta de Voceiros (EFE/ Chema Moya) Néstor Rego nunha conferencia de prensa antes da reunión da Xunta de Voceiros (EFE/ Chema Moya)

Rego non comparte que o PSOE saque adiante a súa iniciativa "co apoio das dereita e a ultradereita", pero amósase crítico coa posición "inaceptable" de Unidas Podemos, que, ao seu parecer, "mantén contra vento e marea unha lei que ten debilidades e hai que corrixir".

A portavoz da CUP no Congreso, mentres, oponse á toma en consideración da reforma socialista porque, a xuízo de Mireia Vehí, "é un debate electoral que non ten que ver coa violencia".

Compromís, Más País e JxCat optarán pola abstención

A toma en consideración da reforma da lei do 'só si é si' sairá adiante, previsiblemente, coa abstención de Compromís, Más País e JxCat. Desde Compromís lamentan que este asunto estea dividindo ó bloque da investidura e aféanlle ao PSOE e a Unidas Podemos que se estean "tirando o feminismo á cabeza".

Más País avanza que se absterán na votación. Dende esta formación lembran que "aínda quedan horas" e fan un chamamento aos grupos para que fagan un "esforzo por chegar a un acordo".

A unhas horas do debate, o PdeCat anuncia que apoiará a reforma. Vox segue sen avanzar o sentido do seu voto, aínda que dende a formación de ultradereita reiteran que non se oporán a "rectificar os erros" do Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade