Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unións Agrarias confirma unha baixada de entre dous e cinco céntimos o litro de leite

Unións Agrarias confirma unha baixada de entre dous e cinco céntimos o litro de leite

O sindicato xa está a preparar determinadas accións de protestas “contra algunhas industrias”

G24.gal 03/04/2024 12:05

O sindicato Unións Agrarias confirmou que, “con todos os contratos asinados”, consolidouse “a baixada de prezo” do leite en orixe que viña anunciando por parte das industrias do sector, cunha rebaixa que oscila entre os “2 e os 5 céntimos de euro por litro”.

“Consolidouse esa baixada. Non na medida en que foi exposta inicialmente polas industrias, pero aínda así é moi importante”, lamentou o responsable do sector lácteo en UU. AA., Óscar Pose.

Segundo o portavoz sindical, “a pesar das súas diferenzas” en canto ao volume e á actividade das súas respectivas liñas de negocio, “ao final todas acaban facendo o mesmo e as industrias aplican prezos moi similares”.

Nese sentido, precisou que “as granxas ás que menos lles rebaixaron o prezo perden uns dous céntimos por litro. Ás que máis, a baixada chega aos 5 céntimos”. Desde o seu punto de vista, esta nova rebaixa “deixa ás explotacións ao límite”, cun prezo medio "ao redor de 46 céntimos por litro", porque “é certo que os custos de produción baixaron algo”, pero “nin moito menos ao nivel que o prezo do leite”.

Por iso, o sindicato xa está a preparar determinadas accións de protestas “contra algunhas industrias”, tamén para que tomen conciencia de que o sector non vai soportar novas rebaixas no futuro, e menos “cando o prezo do leite envasado, o máis barato, móvese arredor dos 85 céntimos”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade