Publicador de contidos
Publicador de contidos

Uns avós de Pontevedra logran a custodia dos netos nunha sentenza histórica

Uns avós de Pontevedra logran a custodia dos netos nunha sentenza histórica

O pai e a nai, que non perden a patria potestade, teñen dereito a visitalos e a obriga de pasarlles a pensión alimentaria

G24.gal 21/10/2023 12:56 Última actualización 21/10/2023 13:17

Uns avós de Pontevedra conseguiron que un xulgado lles concedera a custodia dos seus netos aos que criaran desde que eran bebés. A sentenza é histórica porque non lles quita a patria potestade aos proxenitores, que terán dereito a visitalos e a obriga de pasarlles unha pensión de alimentos.

Os avós, xa xubilados, criaron os netos desde bebés debido á desatención dos proxenitores. Decidíronse a presentar unha demanda xudicial de garda e custodia porque atopaban numerosos atrancos no día a día.

"Non poden cambialos de colexio, necesitan a autorización da nai, que tiña a custodia, para ir a unha excursión necesitan autorización, para ir a clases de inglés necesitan autorización, para ir ao dentista", explica a avogada Manuela Blanco.

Nun primeiro momento o xulgado non admite a demanda, pero logo faino obrigado pola Audiencia de Pontevedra. Finalmente, nunha sentenza novidosa, dálles a custodia aos avós, sen quitarlles a patria potestade aos proxenitores, coas obrigas que iso supón.

"Os avós sufrían polos netos pero tamén pola súa nai, sabían que aos nenos lles conviña esa relación. Coa demanda pedimos o mesmo que se pediría nun divorcio para cada proxenitor: pensión de alimentos e un réxime de visitas, limitado, dadas as circunstancias".

A sentenza abre unha porta para casos similares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade