Uns mozos profanan e causan desfeitas no cemiterio de Pantín, en Valdoviño
Uns mozos profanan e causan desfeitas no cemiterio de Pantín, en Valdoviño
Un deles gravou a secuencia e logo colgárona nas redes sociais
Un grupo de mozos, a maioría deles menores de idade, causaron diversas desfeitas en varios nichos do cemiterio da parroquia de Pantín, en Valdoviño, na noite do domingo para o luns, cando se celebran as tradicionais fogueiras de San Xoán.
Ademais, un deles gravou a secuencia e logo colgárona nas redes sociais, unha actitude que motivou o enfado dos veciños desta parroquia costeira da comarca de Ferrolterra.
No vídeo pódese ver a un dos responsables desta situación blasfemar, e mesmo dirixirse a unha zona do cemiterio asegurando que van a "rebentar as VIP".
Os mozos romperon cristais e elementos decorativos relixiosos do recinto, segundo fontes municipais, e varios participantes na profanación xa foron identificados, engadiron.
Nun dos vídeos divulgados pódense ver danos en máis de 40 nichos, testos e un farol do cemiterio, tanto por patadas propinadas polos mozos como polo lanzamento de obxectos e outras agresións.
O alcalde, Alberto González, lamentou esa profanación que cualificou de "lamentable" e considerou que son responsables algúns veciños do municipio, mentres a Garda Civil prosegue a investigación sobre o asunto para identificar os autores.