Os usuarios da estrada nacional 540 reclaman que unha solución ao mal estado da vía
Os usuarios da estrada nacional 540 reclaman que unha solución ao mal estado da vía
Manifestan que presenta fochancas que ocasionan rebentóns nas rodas e mesmo accidentes
Piden unha reforma que inclúa unha mellora do firme
Son algunhas das fochancas que presenta esta vía, a 540, entre Ourense e Lugo.
"A vía está moi deteriorada, con fochancas, boas para derramar os coches e para ter un accidente".
A deterioración da estrada é constante.
"A estrada está verdadeiramente lamentable, con moitos quebrados na estrada, moitas fochancas e moita néboa".
Nunha xornada de chuvia resulta máis complicado esquivar as fochancas.
"Tes que ir amodo, sobre todo cando chove porque non se ven ben as fochancas, de noite nunca te libras de todas e tampouco vas ir pola estrada esquivando todas as fochancas".
Xa se teñen producido varios rebentóns de rodas. É unha queixa habitual que escoitan nesta estación de servizo.
"Que está moi mal, que ten moitas fochancas, e que é unha pena que co tráfico que ten que non estea en mellores condicións".
A última reparación tivo lugar en 2019.
"Como solucionalo? Ou arranxándoa ben ou que nos poñan autovía".
"Eu creo que cun firme novo, non só tapar as fochancas, porque senón vaise volver levantar".
Existe un plan para reparar a estrada que xa foi licitado e agárdase que este mesmo ano comecen os traballos previos. A vía depende do Ministerio de Transportes.