Usuarios e transportistas preocupados ante o posible pagamento de peaxe nas autovías
Usuarios e transportistas preocupados ante o posible pagamento de peaxe nas autovías
Pere Navarro dixo que o próximo ano todas as autovías terán peaxe
Pese a que o Executivo central desmentiu a posta en marcha da medida, os condutores están en alerta
Sen data ata do de agora para a aplicación do plan de pagamento polo uso das autovías, o anuncio do director xeral de Tráfico reavivou o debate.
Poucas horas despois do anuncio, Raquel Sánchez, ministra de Transportes, desmentía a Pere Navarro, director da DXT, e afirmaba que neste momento a medida non está enriba da mesa do Goberno central.
O propio Navarro desdicíase das súas palabras alegando que se tratara dunha confusión. O anunciou causou incerteza entre os condutores e preocupación polas novas taxas.
O goberno de Sánchez xustifica o pagamento por circular polas autovías e o déficit no seu mantemento. Na Xunta de Galicia esixen transparencia ao executivo de Sánchez.
As novas taxas afectarían especialmente aos sectores do comercio e o transporte, sobre todo tendo en conta que España conta con tarifas moi elevadas nas peaxes en comparación con outros países da Unión europea.
España presentou a Bruxelas a proposta do cobro da peaxe nas autovías dentro do Plan de Recuperacion. Foi en abril de 2021. O documento recolle que hai que cobrar peaxe polo uso das vías de alta capacidade para pagar o seu mantemento,
Tres veces aparece no Plan de Recuperación. Chámaselle sistema ou mecanismo, pero non inclúe unha data. En ningún momento se fala de 2024 para aplicalo.
Primeiro hai que aprobar unha Lei de Mobilidade e Financiamento do Transporte, pero aínda non hai un deseño e dependerá do Goberno que saia das eleccións. Bruxelas non esixe unha data concreta para, a cambio, entregar fondos de recuperación.
A Comisión Europea tampouco lle pide a España nin a ningún outro socio comunitario cobrar peaxes por circular nas autovías.
O que si terán que facer pero xa na vindeira década é actualizar o sistema coñecido como Euroviñeta. Agora son as peaxes que pagan os camións nas autoestradas. A nova directiva afectará a tódalas categorías de vehículos: furgonetas, autobuses e tamén aos turismos, segundo os quilómetros percorridos nesas vías. Pero como moi cedo non sería até 2030.