Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unións Agrarias agarda que os camións volvan recollerlles hoxe o leite aos gandeiros

Unións Agrarias agarda que os camións volvan recollerlles hoxe o leite aos gandeiros

O responsable de Unións Agrarias Roberto García di ter o compromiso da delegación do Goberno en Galicia de que volverán saír camións das fábricas

G24.gal 18/03/2022 08:43

Unións Agrarias di agardar que os camións volvan hoxe recoller o leite dos gandeiros, aínda que matiza que, "con toda cautela", é un compromiso da delegación do Goberno en Galicia.

Os piquetes permiten que as cisternas recollan o leite dos gandeiros, pero as fábricas non poden sacar das fábricas o leite procesado, polo que acumulan mercadoría e non poden procesar máis e paralizan a produción, sen capacidade para recoller leite cru das granxas.

A maioría das granxas, que teñen que seguir muxindo, non teñen tanques abondos para gardar o muxido de varios días, polo que houbo explotacións que tiveron que tirar ese leite.

O responsable de Unións Agrarias, Roberto García, di ter o compromiso da delegación do Goberno en Galicia de que volverán saír camións das fábricas, polo que as cadeas de produción volverían á actividade ao longo da mañá.

"Houbo un risco de que non fosen recoller o leite dos gandeiros, e terían que tirarse moitos litros de leite, pero a información da que dispoño é que ao longo da mañá se podería normalizar a recollida cun pequeno atraso. Polo tanto, con toda a cautela, cremos que, de momento, no día de hoxe pode salvarse a situación".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade