Vaga de calor: o aeroporto de Valencia rexistra 46,8º, preto da máxima histórica en España
Vaga de calor: o aeroporto de Valencia rexistra 46,8º, preto da máxima histórica en España
A Comunidade Valenciana e Murcia estiveron en aviso vermello
O leste de España é a zona máis afectada neste cuarto día da vaga de calor, con puntos de Murcia e a Comunidade Valenciana en aviso vermello por temperaturas extremas.
O aeroporto de Valencia rexistrou unha máxima de 46,8 graos pouco antes das tres da tarde. Superou en dous graos a anterior marca neste punto e queda a só unhas décimas do máximo histórico de temperatura máxima rexistrado en España.
A capital tamén pulverizou a súa marca ao rozar os 45 graos. Os que se atreven a saír a rúa buscan sombras e auga para tolerar unha calor insoportable.
Ata os animais do zoo tiveron ración extra de froitas conxeladas para axudarlles a levar mellor a calor. Unha de moitas medidas para garantir os benestar dos animaliños mentres dure esta situación.
As temperaturas irán descendendo a partir deste venres pero seguirán altas. O risco trasládase a Canarias con temperaturas diúrnas de 40 graos e nocturnas de 30 a partir deste venres. Unha calor que ademais irá acompañada de calixe polo po en suspensión procedente do deserto.