Cargando resultados...
Valdeorras dobrou o número de hectáreas de godello na última década
Valdeorras dobrou o número de hectáreas de godello na última década
A crecente demanda deste viño branco atrae a grupos adegueiros de fóra das nosas fronteiras que se asentan na zona
G24.gal
21/08/2023 14:52
A calidade do solo e a climatoloxía de Valdeorras confírenlle ao godello unha personalidade propia cada vez máis valorada tanto a nivel nacional como internacional.
A crecente demanda deste viño fixo que o número de hectáreas dedicadas a esta variedade branca se multiplicaran por dúas na última década.
Cada vez son máis os grandes grupos adegueiros de distintos puntos de España que deciden asentarse nesta denominación de orixe para elaborar godello.
A produción da anterior campaña xa está toda vendida e comezou a recollida da nova colleita que agardan supere os 4.200.000 do ano pasado.