Publicador de contidos
Publicador de contidos

Consideran deixar de enviar os cativos á clase pola suciedade no colexio da Ponte de Lugo

Consideran deixar de enviar os cativos á clase pola suciedade no colexio da Ponte de Lugo

A falta de limpeza débese á folga do servizo, que dura xa dous meses

A ANPA pide a intervención do Concello para resolver a situación de xeito urxente

G24.gal 14/12/2023 20:25 Última actualización 14/12/2023 20:47

Son imaxes dunha das aulas do colexio lugués da Ponte. O lixo e o po amoréanse no chan e nos mobles e o mesmo sucede nos espazos comúns. Son as consecuencias da folga das traballadoras do servizo de limpeza, que dura xa 60 días. Os pais temen pola saúde dos seus cativos e din que, por exemplo, as alerxias, están disparadas.

Ante esta situación, os pais dos preto de 250 alumnos do centro consideran seriamente deixar de enviar os cativos ás clases para, aseguran, preservar a súa saúde. Piden que o concello interveña para poñer fin a un conflito que dura xa dous meses e non semella ter traza de solución. Temen que a situación continúe mesmo despois das vacacións do Nadal.

No Concello fan un chamamento á empresa concesionaria da limpeza e ás traballadoras para que logren un acordo e recoñecen que a situación se volveu especialmente grave nos colexios en que a limpeza é de competencia municipal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade