Cargando resultados...
A fusión dos municipios de Oza dos Ríos e Cesuras fai nove anos
A fusión dos municipios de Oza dos Ríos e Cesuras fai nove anos
Foi a primeira integración de concellos galegos en máis de catro décadas
G24.gal
20/02/2022 14:10
A fusión de Oza dos Ríos e Cesuras foi a primeira entre dous municipios galegos en máis de catro décadas. Oza Cesuras nacía cunha poboación de algo máis de 5.400 veciños e co devezo de gañar competitividade, acceder a máis e mellores servizos e consolidar habitantes.
Oza dos Ríos, o concello con máis poboación, centraliza a xestión municipal da actual Oza Cesuras. A fusión xerou desconfianza entre moitos veciños, máis en Cesuras, onde está máis acentuada esa sensación de que pouco ou nada cambiou desde a integración.
En menos de catro meses cumpriranse nove anos da fusión. Neste tempo, o censo municipal perdeu ao redor de douscentos habitantes.