Publicador de contidos
Publicador de contidos

Varios detidos en Boiro tras o peche dun negocio de compravenda de ouro

Varios detidos en Boiro tras o peche dun negocio de compravenda de ouro

A Garda Civil sospeita que nesta empresa de compravenda de ouro comerciaban con xoias roubadas

G24.gal 18/09/2023 14:48

O operativo que está levando a Garda Civil de Boiro segue aberto polo que non se descartan novos arrestos.

Polo de agora non transcenderon moitos datos, algunhas fontes falan de polo menos media ducia de detidos. O que si sabemos, porque nolo contaron os veciños, é que o propietario do local levárono esposado o pasado martes, pero foi o venres cando se precintou o negocio.

Non era a primeira vez que sucedía. Hai uns meses xa pasou varios días retido no calabozo. Porque segundo puidemos saber, nesta empresa de compravenda de ouro comerciábase supostamente con xoias roubadas, de feito a repunta de roubos na comarca foi o fío do que tirou a Garda Civil para iniciar a investigación.  

Vixiaban vivendas particulares e igrexas, e aproveitaban para entrar cando estaban baleiras. Buscaban xoias e cartos en efectivo. Ese foi o fío do que tirou a Garda Civil de Boiro tras a vaga de roubos deste verán en varias vilas da Barbanza. Conseguiron desartellar parte da banda criminal.

 "Detivemos a catro persoas un deles é o líder da organización os outros tres en principio participaron en parte dos delitos. Aínda falta xente por deter, aínda continúa a investigación", informa a Garda Civil de Boiro

O considerado membro líder da banda está en prisión provisional, os outros tres foron postos en liberdade con cargos.

 "Hai un baixo fianza e os outros dos con medidas cautelares de presentarse no xulgado cada 15 días"

Eran vellos coñecidos na comarca polas súas accións delitivas. Todo o material subtraído nos 16 roubos deste verán vendíase supostamente neste local de Boiro.

 "O que facían logo, sobre todo co ouro era blanquealo a través deste negocio, levábano alí este home encargábase de desfacerse do ouro e convertelo en cartos en efectivo e non facía contratos nin deixaba rexistro ningún desas pezas"

O local está precintado alomenos durante un ano, xa que ademais sobre o negocio recaen 3 denuncias administrativas. Todo o valor do subtraído supera os 143.000 euros. Da peza máis valiosa, unha coroa dunha talla do século XII, só se puideron recuperar apenas uns fragmentos. Rompían as xoias en anacos para que non se lles puidese seguir o rastro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade