Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vázquez sostén que a nova regulación sobre o litoral entra na "constitucionalidade"

Vázquez sostén que a nova regulación sobre o litoral entra na "constitucionalidade"

A conselleira agarda que a norma se aprobe co maior consenso posible dos grupos parlamentarios

Defende que a Xunta "non se extralimita" nas súas competencias co anteproxecto de lei 

G24.gal 17/01/2023 18:48

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, presentoulles en Santiago a unha vintena de alcaldes e de representantes dos concellos costeiros de Galicia o anteproxecto da lei de ordenación do litoral. 

Vázquez agarda que a norma se aprobe co maior consenso posible dos grupos parlamentarios. E insiste na constitucionalidade do texto. Defende que a Xunta "non se extralimita" nas súas competencias co anteproxecto de lei de ordenación do litoral porque di que ten "aval estatutario e constitucional".

"Agora mesmo non sería un documento axustado aos límites da Constitución o que hai sobre a mesa", sostivo este domingo o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán.

Vázquez, acompañada de integrantes do Observatorio do Litoral de Galicia, defendeu ante alcaldes e técnicos municipais a nova regulación que impulsa o seu departamento e que segundo o Goberno central é toda "unha declaración de independencia".

Segundo a conselleira, Galicia está exercendo unica e exclusivamente as súas competencias estatutarias e, polo tanto, "constitucionais", polo que pide o apoio de todas as forzas políticas no Parlamento galego para defender os intereses da comunidade.

O próximo día 20 conclúe o prazo para facer alegacións e achegas ao anteproxecto de lei, trámite tras o que o Consello da Xunta terá que darlle o visto e prace para remitir ao Parlamento o proxecto de lei.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade