Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños da Coruña únense contra o propietario dun 'narcopiso'

Veciños da Coruña únense contra o propietario dun 'narcopiso'

Fan gardas no portal para evitar a entrada dos toxicómanos

Denuncian ameazas e agresións

G24.gal 19/03/2024 14:29

Dende hai uns meses a trasfega de toxicómanos é cada vez maior nun edificio da rúa Alcalde Pérez Ardá da Coruña. Os veciños sinalan o propietario do terceiro esquerda José Luís Dacosta veciño do edifico di que habitualmente hai catro persoas no interior. Aseguran que hoxe non hai ninguén porque foron mercar droga para comerciar.

Os veciños, a maior parte xente maior, teñen medo. Aseguran que xa tiveron varios enfrontamentos con drogodependentes que veñen á busca da súa dose. Din que algúns son moi violentos.

Sara García asegura que ao sei pai ameazárono con acoitelalo. A Claudio Teijo déronlle unha labazada no oído por enfrontarse a eles.

A Policía Nacional xa tivo que intervir en varias ocasións, previa denuncia dos veciños pero, segundo din, limítanse a identificar e a rexistrar os individuos que provocan os altercados. Ante esta situación decidiron empezar a facer gardas no portal para impedir o acceso aos toxicómanos.

Claudio Teijo di que se senten impotentes; asegura que os toxicómanos rin da policía.

A comunidade acordou instalar cámaras de videovixiancia para intimidar os toxicómanos e tamén
para recadar probas. A súa intención é presentar unha denuncia por desorde cívica. Se non funciona non descartan iniciar mobilizacións de protesta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar