Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños da parroquia luguesa de Coeses denuncian a existencia dun vertedoiro incontrolado

Veciños da parroquia luguesa de Coeses denuncian a existencia dun vertedoiro incontrolado

Quéixanse de que tiran alí todo tipo de refugallos

Reclámanlle unha solución ao Concello de Lugo

G24.gal 22/07/2024 13:55

Xa di o refrán que unha imaxe vale máis ca mil palabras, e iso pasa coa estampa que presenta unha zona dos montes de Coeses.

"Parece mentira que exista a día de hoxe un vertedoiro desta maneira".

Este vertedoiro está nunha parroquia de Lugo e conforme chega a noite comeza o tránsito de vehículos.

"Dende a miña casa vexo como a partir das nove ou dez da noite veñen furgonetas e camións, de todo".

Amoréanse todo tipo de refugallos, dende electrodomésticos e plásticos ata entullos de obras e mesmo uralitas.

"Hai ata garrafas de aceite queimado, e iso contamina moitísimo".

Os veciños denuncian que é un problema de salubridade pública e que ademais supón risco de incendios.

"Hai que tomar medidas, poñer unha cámara ou algo e pedir responsabilidades a quen o faga. Ademais cada pouco tempo alguén lle prende lume, e iso non é a solución".

Os veciños reclámanlle ao Concello de Lugo que tome medidas para poñerlle freo a este vertedoiro incontrolado.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade