Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños da rúa viguesa Alfonso XIII quéixanse de suciedade e abandono no seu barrio

Veciños da rúa viguesa Alfonso XIII quéixanse de suciedade e abandono no seu barrio

Enviaron fotos e queixas ao Concello, pero piden que todas as administracións con competencias na contorna de Vialia tomen medidas

G24.gal 09/09/2024 13:29

Os veciños da rúa Alfonso XIII quéixanse do estado de abandono da praza interior a que teñen acceso varios edificios da zona. Aseguran que o lixo se acumula nela día tras día e que tamén soportan o botellón.

Os veciños din que xa non lembran a última vez que traballaron na praza os servizos de limpeza municipal, por iso enviaron fotos e queixas ao Concello.  Algo similar ocorre no soar que hai a carón dos edificios afectados.

Despois das obras que se fixeron na zona quedou abandonado e cada vez ten máis maleza e lixo.  Esta é unha rúa próxima á estación de tren e de autobuses e os veciños lamentan a imaxe que ofrece para os visitantes e os prexuízos para eles e para os negocios da zona. 

Esixen que as administracións competentes tomen solucións, pero polo de agora ninguén parece escoitar as súas queixas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade