Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Ames piden medidas para mellorar a seguridade na estrada que vai a Negreira

Veciños de Ames piden medidas para mellorar a seguridade na estrada que vai a Negreira

Para acceder desde a aldea de Reino á marquesiña do autobús teñen que cruzar tres carrís

Denuncian que os vehículos non respectan o limite de velocidade

G24.gal 02/05/2023 14:19

Transitar polas escasas beiravías da estrada AC-544 que une Bertamiráns con Negreira, e da que é titular a Xunta, é un risco que poucos asumen. Limitada a 90 quilómetros, os veciños sofren a diario as consecuencias da velocidade á que circulan vehículos e camións.

Á beira da estrada, dirección Santiago, as malas herbas invaden a marquesiña do autobús. Unha instalación á que desde que se modificou a vía ninguén se atreve a acceder.

Din sentirse incomunicados polas dificultades para acceder a aldea de Reino. Piden medidas que permitan facer este punto da estrada máis seguro tanto para a circulación de vehículos coma para os peóns.

Lembran os veciños que neste tramo se producen moitos accidentes e varias persoas faleceron atropeladas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade