Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Lourizán protestan polas inundacións que sofren

Veciños de Lourizán protestan polas inundacións que sofren

A rúa do Santo volveu anegarse a semana pasada

Unha cata que está sinalizada convértese nun pozo perigoso cando chove

Os operarios valaron a cata que fixeron ao lado dun parque infantil
G24.gal 01/05/2024 13:41

En Lourizán levan anos sendo explícitos nas súas protestas. As queixas dos veciños nos últimos tempos son polas inundacións que sofren cando chove moito.

O río está canalizado. A empresa adxudicataria do servizo de augas fixo unha cata cerca dun parque infantil. A obra está sinalizada pero a fochanca convértese nun perigoso pozo cada vez que chove.

O Concello de Pontevedra limpou as canalizacións recentemente. A auga corre mellor pero o problema segue sen solucionarse. De feito, a rúa do Santo volveu anegarse a semana pasada.

As inundacións levan máis de tres anos sucedéndose. Un veciño di que nos últimos anos arraxáronse varias estradas e as canalizacións foron ás drenaxes que había. Cando a auga chega á zona da rúa do Santo reborda porque non ten capacidade suficiente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade