Publicador de contidos
Publicador de contidos

Afectados en Muros polo cambio de titularidade dos seus bens na franxa litoral piden a desafectación

Afectados en Muros polo cambio de titularidade dos seus bens na franxa litoral piden a desafectación

Unha carta infórmaos de que seus terreos non edificados pasan a ser titularidade do Ministerio de Transición Ecolóxica

Toda a zona é obxecto dun proceso de desafectación iniciado en 2001

G24.gal 03/10/2022 14:01

Unha horta situada na traseira da vivenda que os sogros de María José edificaron nos anos 60 no Artón, na franxa costeira de Muros, é unha das afectadas polo real decreto aprobado en agosto que modifica o regulamento xeral de costas do ano 2014.

Coma ela son outro medio cento os veciños que recibiron a carta en que se lles notificaba que os seus terreos non edificables pasaban a ser de titularidade do Ministerio de Transición Ecolóxica.

Os terreos e vivendas construídos en dominio público están pendentes dun proceso de desafectación dependente da Dirección Xeral da Costa e Mar que permitiría realizar os deslindes.

Os afectados din sentirse nun limbo e piden que se paralice o procedemento de cambio de titularidade ata que se resolva o expediente de desafectación iniciado hai 20 anos para poder inscribir os inmobles no rexistro da propiedade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade