Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Porto do Son piden que lles cambien o cura

Veciños de Porto do Son piden que lles cambien o cura

O párroco ten o apoio do bispado

Os veciños acúsanos de pedirlles títulos de propiedade dos panteóns e de esixirlles que lle paguen a luz e a auga

O pasado domingo, a porta da igrexa apareceu encadeada
ana lois 30/11/2021 20:58

O conflito entre os veciños e o cura de Caamaño, en Porto do Son, comezou cando o párroco silenciou o reloxo da igrexa. Un veciño dixo que lle molestaba e o cura desactivouno. Pero os fregueses, que pagaron do seu peto a campá, non aceptan a decisión.

Máis tarde, os enfrontamentos foron multiplicándose a medida que o cura foi tomando decisións.

Os veciños acúsano de non facer as misas ás horas anunciadas, de reclamarlles que lle paguen a auga e a luz e de pedirlles os títulos de propiedade dos panteóns para facer obras. Tamén se queixan de ter que ir ata Aguiño para solicitar documentación nos casos de bautizos, comuñóns, confirmacións e casamentos.

Os veciños pedíronlle á arquidiocese de Santiago que cambie o párroco, pero as autoridades eclesiásticas apoian o cura. O domingo pasado apareceu unha cadea pechando a igrexa. As partes en conflito bótanse a culpa entre elas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade