Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños do barrio coruñés dos Mallos piden unha solución aos problemas de seguridade

Veciños do barrio coruñés dos Mallos piden unha solución aos problemas de seguridade

Os altercados e roubos dos últimos días en tres rúas do barrio preocupan a veciñanza

Os presuntos autores teñen antecedentes por delitos menores

As autoridades relacionan os conflitos entre tres grupos de okupas cos problemas de seguridade da zona

 

G24.gal 06/12/2021 14:03

Tres grupos instalados en tres edificios ocupados ilegalmente que, a base de cometer continuos roubos con forza en comercios, vehículos e asaltar tamén peóns pola rúa, fan imposible vivir tranquilo. Esa é a radiografía que a policía fai da situación no barrio coruñés dos Mallos.

Os veciños seguen agardando unha solución aos problemas de seguridade no barrio. "Inseguirdade, estrés e mirando para todos os lados, pois como nós os coñecemos a eles, eles tamén nos coñecen a nós", apunta Rosa, veciña que amais pertence á plataforma veciñal Unidos polos Mallo, para engadir "que iso non é vivir".  A súa voz e as súas verbas son o sentir xeneralizado deste barrio coruñés.

Os problemas da zona veñen de tempo atrás, pero lonxe de solucionarse, nos últimos días foron a peor. "Atracan ás persoas maiores cando saen de cobrar as pensións, hai navalladas e pelexas entre eles" indica esta veciña.

Din que están moi preocupados polos últimos altercados que se rexistraron na zona. Entre eles, esta pelexa na rúa Noia ou o incendio que tivo lugar a escasos metros, na rúa Asturias. Pero tamén nesta rúa a de Diego Delicado sufriu un incendio que ben puido rematar en traxedia.

Parece que estes feitos están relacionados e os seus protagonistas son tres grupos de ocupantes que as autoridades teñen identificados. Con todo, ao tratarse de delitos menores, logo saen en liberdade.

Os veciños quéixanse de que nin o Concello nin as autoridades lles dan unha solución e cren que "están a pasar a pelota duns a outros", mentres os problemas de seguridade no barrio seguen a medrar.  

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade