Veciños do Ventorrillo denuncian o regreso do negocio nun narcopiso desartellado hai meses
Veciños do Ventorrillo denuncian o regreso do negocio nun narcopiso desartellado hai meses
A volta de prisión do inquilino reactivou a venda de droga, segundo os veciños
Piden solucións urxentes polos problemas de convivencia que xera o piso
Segundo relatan algúns veciños, o pesadelo comezou hai catro anos, cando unha parella de mozos montou un narcopiso nun edificio. Tempo despois, o negocio foi desartellado polo equipo antidroga da Garda Civil, pero, segundo relatan, o problema volveu.
"Por desgraza, o problema volveu, houbo unha tempada máis tranquila cando el foi ao cárcere, pero xa saíu. Agora regresa a venda de drogas e o alugueiro de cuartos para prostitución. Nós non estamos dentro do piso pero sabémolo".
"Temos medo, ves de noite e atopas esa tropa polo portal, que fas?", comentan as veciñas.
Din que as liortas entre a parella de inquilinos son constantes, tamén notan a venda de droga no piso e no portal. Están fartos do ruído e teñen medo, por iso chamaron a policía en repetidas ocasións.
"Chamamos moitas veces, están fartos de vir aquí pero non fan nada. Saben de esta xente, porque daquela acabaron vindo os GEO desmontar o piso", di unha veciña.
"Os intentos de dialogar coa parella para que deixara de molestalos non funcionaron. Tamén tentaron sen éxito que o propietario non lles renovase o contrato de alugueiro".
Os intentos de dialogar coa parella non funcionaron. Tamén tentaron sen éxito que o propietario non lles renovase o contrato de alugueiro.
"Pedímoslle ao dono do piso que non llelo arrendara máis a esta parella, pero dixo que valía a pena, deben pagarlle ben".
"Cando llo dixemos aínda dixo que podían vir outros peores", explican as afectadas.
Só desexan que a tranquilidade regrese a esta comunidade de veciños, onde levan décadas convivindo sen problemas.