Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños dos Mallos protestan contra un suposto narcopiso

Veciños dos Mallos protestan contra un suposto narcopiso

Denuncian chamadas, golpes e ruídos polas noites amais de estragos no portal

G24.gal 30/05/2024 22:25

Propietarios dun edificio situado na rúa Vizcaya da Coruña, no barrio dos Mallos, manteñen desde hai anos un conflito cos veciños dunha das vivendas, tamén propietarios.

A situación descríbea a presidenta da comunidade. Asegura que a diario teñen que soportar un continuo ir e vir de persoas entrando e saíndo; chamadas, golpes e ruídos polas noites amais de estragos no portal.

Denunciaron unha das vivendas como un suposto narcopiso.

O caso está xudicializado. En novembro un auto do xuíz daba orde aos denunciados do cesamento da actividade mercantil e prohibía o acceso ao edificio de quen non estivera autorizado pola presidencia da comunidade. 

Aos problemas de inseguridade engaden sentirse abandonados polas administracións.

Fartos e indignados saíron á rúa nunha cacharrada de protesta. Queren facer oír a súa voz, que reclama unha solución. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar