Un vehículo esmagado e cinco horas sen luz pola caída dunha árbore no Monteferro
Un vehículo esmagado e cinco horas sen luz pola caída dunha árbore no Monteferro
Dúas árbores caeron onte á tarde en Monteferro por estaren en mal estado
Dúas árbores caeron onte á tarde no Monteferro, un na baixada á praia de Portocelo esmagou un vehículo e tirou parte do tendido eléctrico, deixando os veciños sen luz durante cinco horas.
A outra caeu na vía de acceso á vella batería militar e non produciu dano ningún. Os residentes nesta zona de Nigrán denuncian que moitas outras árbores están en mal estado e poderían caer en calquera momento un día de vento coma onte.
Outra árbore de gran porte, un salgueiro chorón caía o mércores ás once da noite no acceso do parque de Castrelos, o día do concerto de Dani Martín. De telo feito horas antes ademais de danar o vetusto valo de seguro tería ferido a algún dos milleiros de persoas que asistiron ao concerto ese día.