Venden en Xove un boi de case 3 toneladas
Venden en Xove un boi de case 3 toneladas
O exemplar chámase Líbano e ten case 10 anos.
Foi mercando por unha ganadería de Friol por máis de 39.000 euros.
Sorprende o seu tamaño e, ao mesmo tempo, o manso que é, pero este boi criado nunha gandería de Xove é un exemplar único, un dos bois máis grandes de España.
Chámase Líbano, é de raza rubia galega, ten case 10 anos e pesa preto de 3 toneladas. Foi criado con esmero e dedicación por Pepe do Chacino, un gandeiro con longa experiencia na súa explotación de vacún de carne que conta que lle da ao animal todo o verde que quere e tamén cereais da Mariña.
Agora o animal foi mercado por unha gandería de Friol que pagou polo exemplar máis de 39.000 euros. Sinalan que nuns días será sacrificado e pero que antes é moi importante o traslado para que o animal non colla estrés.
Tras o sacrificio o seguinte paso será a preparación e a maduración da carne. Coas partes nobres farán chuletóns madurados e coa perna chacina.
Cando saia ao mercado terá as horas contadas, e é que a carne de boi é unha das máis apreciadas e ten unha alta demanda.