Publicador de contidos
Publicador de contidos

Véndense menos coches diésel pola suba dos combustibles

Véndense menos coches diésel pola suba dos combustibles

Malia que practicamente foron os donos do mercado durante décadas hoxe poucos son os que pensan en mercar un coche diésel

Tamén os híbridos e mesmo os eléctricos van gañando cada vez máis mercado

 

G24.gal 20/10/2022 14:44

Os coches de gasolina estanlle gañando terreo aos diésel, malia que quen fai moitos quilómetros aínda os prefire.

O prezo dos combustibles segue á alza e xa é máis caro encher o depósito de gasóleo que de gasolina. 

Os eléctricos estanse convertendo noutra das opcións pola que os consumidores máis preguntan. Aínda así hai reticencias á hora de mercar un eléctrico cen por cento.

O mes de setembro non foi un mal mes para o sector da automación, medrou un 12 % con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Aínda así o sector precisa recuperar vendas despois da pandemia.

No salón do automóbil de Ourense hai centos de vehículos en exposición ata o domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade