Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vendidas cinco xovencas no regreso da poxa de Becerreá

Vendidas cinco xovencas no regreso da poxa de Becerreá

Os animais saíron a prezos entre 1.950 e 2.300 euros

Había tres anos que non se celebraba este evento 

G24.gal 19/04/2022 14:10

Cinco xovencas selectas de raza rubia galega e preñadas de entre tres e catro meses. Foron os animais poxados no mercado gandeiro de Becerreá e todos eles vendidos por riba do prezo de saída, que era de 1.950 euros. A afluencia ao mercado foi masiva porque, despois de tres anos, xa había ganas de vivir o ambiente dos días grandes de poxa.

A poxa estaba prevista para marzo pero tivo que ser adiada por causa da folga do transporte que impediu trasladar os animais. A dúas xovencas máis caras vendéronse en 2.300 euros cada unha. Malia a delicada situación que vive o sector cárnico de vacún, o investimento en animais de calidade sempre é unha garantía.

A seguinte poxa de ruibia galega vaise celebrar este sábado na Fonsagrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade