Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ver xabarís paseando polas noites en Ourense é xa un feito cotián

Ver xabarís paseando polas noites en Ourense é xa un feito cotián

Gravan un vídeo no barrio do Vinteún en que se ven catro exemplares nunha das avenidas máis concorridas da cidade durante o día

G24.gal 17/03/2023 10:35

Os xabarís seguen movéndose libremente pola cidade de Ourense.

Nun vídeo gravado no barrio do Vinteún nas últimas horas vese catro exemplares atravesando a avenida de Santiago, que durante o día é unha das máis concorridas da cidade.

Chegan ata alí, aparentemente, desde a zona de Covadonga, onde está previsto instalar gaiolas pola proliferación de xabarís. Tamén os viron no barrio do Couto e mesmo no céntrico parque de San Lázaro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade