Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viaxar en Semana Santa custa un 9 % máis ca o ano pasado

Viaxar en Semana Santa custa un 9 % máis ca o ano pasado

Segundo a estatística dun coñecido portal de reservas turísticas, o custo medio do aloxamento pasou de 127 a 140 euros

As axencias de viaxes aseguran que a suba é aínda maior nas zonas de costa

G24.gal 07/03/2024 14:16

O poder de atracción do Mediterráneo, tras un inverno pasado por auga en Galicia, canalízase a través das axencias de viaxes. Desde a Costa Brava ata a Costa do Sol, pasando polas Baleares, os destinos máis cobizados son tamén os que máis encarecen.

Carlos Puga, director de Viaxes Puga: "Pola lei da oferta e a demanda: hai máis demanda que oferta e soben os prezos. E tamén porque lles subiron os custos aos provedores".

Os voos chárter desde Santiago a cidades europeas como Praga ou Sicilia, están aínda ao 50 % de ocupación media. Os viaxeiros, advirten desde as axencias, resérvanse para o verán.

Benito Domínguez, membro da asociación de Axencias de Viaxe de Galicia (AGAVI): "Hai un incremento de demanda con vistas ao verán. Estamos máis ocupados na reserva anticipada ca que en Semana Santa".

A progresiva suba de prezos desde a pandemia obriga os viaxeiros a reducir escapadas e a planificar con tempo. "Quero ir ao Porto. Imos 3 días. Sendo autónomo, pouco máis se pode facer en todo o ano". "Ata cun ano de antelación facía xa as reservas, para aproveitar os prezos". "Encareceu un montón, desde que eu comecei a viaxar, moitísimo", comentan varios ourensáns.

A tarifa media dos aloxamentos turísticos sitúase este ano en 140 euros en España, fronte aos 127 da Semana Santa pasada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade