Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vigo e A Coruña gozan de máis luz solar que o resto de Europa

Vigo e A Coruña gozan de máis luz solar que o resto de Europa

No verán hai case quince horas de luz na costa atlántica galega

G24.gal 20/06/2024 14:01

As cidades atlánticas galegas gozan de máis luz solar que outras localidades europeas sobre todo no verán. Nótano moito os turistas do levante, que se decatan de que poden gozar do día ata máis alá das dez da noite.

Ás portas do verán e malia días grises coma hoxe, os cazadores de solpores enchen os cumios e as praias e terrazas da ría de Vigo para captar as súas mellores fotos. 

Nas noites limpas de verán e sen contaminación lumínica artificial moitos tamén aproveitan para ver as estrelas nas xornadas que organiza a Asociación Astronómica Sirio no observatorio do concello de Cerdedo-Cotobade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade