Cargando resultados...
Vilagarcía recupera a tradición de adiantar as badaladas de Noitevella
Vilagarcía recupera a tradición de adiantar as badaladas de Noitevella
Levaban dous anos sen celebrala polas restricións da pandemia
A denominada Festa da Toma das Uvas comezou no ano 1998
G24.gal
31/12/2022 14:52
Última actualización 31/12/2022 16:17
Con 12 horas de adianto, en Vilagarcía de Arousa xa recibiron o 2023. Centos de persoas concentráronse na praza do Concello para darlle a benvida por adiantado ao novo ano.
Facía dous anos que a Festa da Toma das Uvas non se celebraba polas restricións da pandemia, así que había gañas de recuperar esta tradición que comezou en 1998.
Para celebralo, repartíronse 350 quilos de uvas e máis de 300 botellas de cava. Con todo o necesario para brindar, en Vilagarcía xa pediron os primeiros desexos para o 2023.