Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vinte detidos e máis de dúas toneladas de haxix aprehendidas en Huelva

Vinte detidos e máis de dúas toneladas de haxix aprehendidas en Huelva

A Policía Nacional desmantela unha organización de narcotransportistas

G24.gal 31/10/2021 12:20

Axentes da Policía Nacional desmantelaron en Huelva unha rede que se dedicaba ao transporte de droga e aprehenderon máis de dúas toneladas de haxix. No operativo arrestaron 20 persoas acusadas de tráfico de drogas, pertenza a organización criminal e branqueo de cartos.

Ademais, incautáronse de dous cultivos de marihuana de grandes dimensión cos que financiaban a súa actividade ilícita, de máis de 80.000 euros, de dúas embarcacións de recreo e de varios vehículos.

As investigacións comezaron en agosto de 2020 tras detectaren unha embarcación trasladada por estrada cun dobre fondo. No seu interior atoparon haxix. As xestións realizadas permitiron localizar outras embarcacións preparadas supostamente para o transporte de estupefacientes e identificaron os membros da organización e o seu modus operandi.

O Servizo de Vixilancia Aduaneira colaborou coa Policía para desmantelar a organización delituosa. Nos rexistros localizáronse 300 quilos de haxix, armas e plantacións con 1.100 plantas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade