Publicador de contidos
Publicador de contidos

Visto para sentenza o xuízo contra o home que pegou á súa muller no TikTok

Visto para sentenza o xuízo contra o home que pegou á súa muller no TikTok

A Fiscalía mantén a petición dun ano de prisión

A muller negou no xuízo que o acusado a maltratase A muller negou no xuízo que o acusado a maltratase
G24.gal 22/02/2023 08:19

Visto para sentenza o xuízo pola labazada que un home lle deu á súa parella durante unha conexión en directo na rede social TikTok en xaneiro. O acusado, que acudiu acompañado da súa muller, acolleuse ao seu dereito a non declarar. Ela só asegurou que o seu marido nunca a maltratara.

Pero a fiscalía, que actuou de oficio porque a vítima se negou a denuncialo, mantén a petición dun ano de cárcere para el ao entender que ela está sometida e que a situación de maltrato queda acreditada polas manifestacións realizadas pola muller tempo despois desa conexión en TikTok, en que aseguraba que el lle dera dúas malleiras.

A defensa do home insistiu en que non pode acreditarse que a man que lle dá a labazada pertenza ao acusado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade