Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viveiro, unha localidade pequena cunha Semana Santa grande

Viveiro, unha localidade pequena cunha Semana Santa grande

As procesións remataron na tarde do domingo co Via Lucis

Foi declarada de Interese Turístico Internacional hai dez anos

G24.gal 09/04/2023 19:01 Última actualización 09/04/2023 20:05

A procesión do Via Lucis pechou a Semana Santa de Viveiro, unha festa relixiosa declarada de Interese Turístico Internacional hai unha década. Este ano o tempo axudou e saíron todos os pasos que estaban previstos.

Os levadores prepáranse minutos antes da procesión. Tres mulleres e nove homes encárganse do San Xoán. Nora e Iria son dúas das levadoras.

As campás de Santa María chaman á xente e avisan de que vai saír a procesión. Na praza todo o mundo está expectante polo Encontro de Resurrección entre San Xoán e a Nosa Señora do Sagrado Corazón.

Milleiros de persoas asisten á procesión. A imaxe da praza chea repetiuse durante toda a Semana Santa en Viveiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade