Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retiran exemplares de unlla de gato na contorna da Torre de Hércules

Retiran exemplares de unlla de gato na contorna da Torre de Hércules

Esta planta invasora de orixe surafricana modifica o chan e altera as comunidades de microorganismos

G24.gal 24/09/2023 09:26 Última actualización 24/09/2023 09:47

As plantas invasoras transforman a paisaxe, desprazan a poboación autóctona e privan moitos animais de alimentos. Na Coruña, a contorna da Torre de Hércules é un dos espazos ameazados por unha destas especies.

Falamos da coñecida como unlla de gato, unha planta de orixe surafricana que alá onde se instala modifica o chan, alterando as comunidades de microorganismos.

Voluntariado de Afundación retirou na fin de semana exemplares desta planta invasora, que avanza nunha zona declarada Espazo Natural de Interese Local. A iniciativa enmárcase dentro da campaña "Traballando pola mellora do patrimonio natural".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade