Volve a romaría dos Milagres de Saavedra
Volve a romaría dos Milagres de Saavedra
Centos de devotos acoden nesta xornada ao santuario chairego
A romaría dos Milagres de Saavedra, en Begonte, cobrou forza de novo, despois de dous anos en que se celebrou de forma testemuñal.
Tal como manda a tradición, os devotos asistiron ás distintas misas e deron voltas arredor do santuario portando candeas ou exvotos. Iso si, bican a santa de forma simbólica a través dunha pantalla.
Manel Iglesia, ramista: "A xente viña por aquí, pero festa no campo non houbo, que non se fixo nada. E a verdade é que bastante ben, polo que parece".
Os romeiros chegan a Saavedra dende toda a Terra Chá, dende Lugo e mesmo dende outras provincias. Ademais de cumpriren cos ritos relixiosos, tamén seguen outras tradicións.
Tras a celebración da romaría no propio día dos Milagres, a festa continuará a fin de semana.