Cargando resultados...
Volve o tempo inestable con choiva, frío e neve
Volve o tempo inestable con choiva, frío e neve
Descenden bruscamente as temperaturas máximas e deixan diferenzas de ata dez graos
G24.gal
25/03/2024 14:36
Espertan entre néboa en Valga, hai ceo cuberto na Estrada e unha xornada encapotada tamén en Sarria. As nubes viñeron agora para quedar. Volve a inestabilidade e a incerteza para os que nos visitan nesta semana festiva.
Tras días solleiros muda de novo o tempo. Hai un descenso brusco das temperaturas máximas, con diferenzas de ata 10 graos, e o cambio non agrada a todos por igual.
Volveu a choiva a Santiago e estenderase polo resto de Galicia, e volve tamén a neve por encima dos 800 metros.
Esta Semana Santa toca abrigarse e botar man dos paraugas.