Publicador de contidos
Publicador de contidos

A xente que escolleu Galicia para pasar as vacacións regresa á casa

A xente que escolleu Galicia para pasar as vacacións regresa á casa

O temporal non desanimou a xente que estivo na Semana Santa

G24.gal 31/03/2024 17:20 Última actualización 31/03/2024 18:25

Volven á casa tras varios días de descanso. Toca facer a maleta e regresar á rutina con certa nostalxia.

"Despedimos as vacacións por este ano, xa de volta a Madrid, onde sabemos que vai ir mal tempo, pero ben, pasámolo moi ben".

Vacacións en moitos casos ben aproveitadas a pesar do tempo. E turistas que despiden Galicia con todas a expectativas cumpridas.

"O bo dura pouco, pero foron catro días bastante intensos e bos. Desfrutamos moito, que era do que se trataba".

"A nós gústanos o tempo un pouco frío, un pouco de chuvia, e tamén sol, pero encántanos porque iso non o temos en Alacante".

Foi unha xornada de moito movemento de maletas, dentro dos hoteis pero tamén nas rúas. E mentres uns agardaban para marchar, outros aproveitaban as últimas horas de descanso, xa que en moitos sitios de España este luns é festivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade