Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volven as treboadas, con alerta amarela nas zonas montañosas de Lugo e Ourense

Volven as treboadas, con alerta amarela nas zonas montañosas de Lugo e Ourense

Esta tarde os trebóns serán máis probables nos Ancares e no Courel

O xoves e o venres, no leste da provincia de Ourense, espérase moito aparato eléctrico e pedra de gran tamaño

G24.gal 25/06/2024 14:43

Despois dunha única xornada de calor, volve refrescar en Galicia por culpa dunha DINA que está sobre o Atlántico e que traerá inestabilidade ata finais da semana. Esta tarde hai alerta amarela por treboadas, que afectarán principalemente na montaña luguesa. No resto de Galicia, pola mañá,  predominou a néboa. 

 "Esta DINA irase colocando no golfo de Cádiz e isto fará que teñamos unha semana con probabilidade de treboadas, tanto na provincia de Lugo coma na de Ourense, que xa a partir de hoxe martes poden ser localmente fortes na montaña de Lugo, e mesmo acompañadas de sarabiadas de xeito moi puntual.

E na montaña de Ourense, o xoves e especialmente o venres, as treboadas poden ser moi importantes, acompañadas de lóstregos e con pedras de gran tamaño", explicou Joel Cid, de Meteogalicia.  
 

Esa DINA, con aire frío en altura, deixa en alerta amarela as zonas de montaña de Lugo e Ourense e  mete a néboa no resto de Galicia. A baixada de temperatura que foi de ata 10 graos menos na costa. Un fresco que non desagrada a maioría dos turistas.

Segundo os modelos de Meteogalicia, a día de hoxe, o anticiclón asenta a partir do domingo.  E a semana comezará con temperaturas de ata 33 graos na metade sur de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar