Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volven queimar colectores de lixo na Pobra do Caramiñal

Volven queimar colectores de lixo na Pobra do Caramiñal

Qeimaron dous colectores de lixo de madrugada, os dous na zona urbana

É a cuarta vez que queiman colectores de lixo na vila en pouco máis de tres meses 

G24.gal 05/06/2024 14:21

Á media mañá deste mércores os operarios dos Servizos Municipais da Pobra do Caramiñal repoñían un colector de lixo dunha céntrica rúa da vila, ás portas dun supermercado, logo de que de madrugada ardera nun novo acto vandálico. Algo que se vén repetindo nestes últimos meses. 

Estefanía Ramos, concelleira de Servizos Municipais da Pobra, di que "se trata de episodios que se veñen repetindo desde marzo e que sempre utilizan o mesmo modus operandi, prenden o lume nos colectores de madrugada e nalgunha ocasión afectou tamén un coche".

O lume afectou tamén un coche, pero os danos son de pouca consideración. Alén do custo económico, na Pobra preocupa agora que estes actos continúen repetíndose, andan tras a pista do posible autor ou autores que en poucos meses xa actuou catro veces. Ramos di que "segundo informa a Garda Civil, todas as hipóteses están abertas e están desexando que dean co autor para que isto non volva suceder porque máis alá do custo económico preocupa que, se se volve repetir, poida carrear danos maiores, mesmo a persoas".

Sempre actúa de noite, na zona urbana e, a teor dos últimos acontecementos, case mensualmente. O segundo dos colectores queimados, nunha rúa peonil, deixou menos estragos. Tamén foi reposto na mañá deste mércores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade