Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vox expulsa a líder do partido nas Baleares e o presidente do Parlament

Vox expulsa a líder do partido nas Baleares e o presidente do Parlament

A decisión tomouse entre cinco deputados, para os que Vox acaba de solicitar a súa expulsión inmediata do partido

A voceira de Vox nas Baleares, Idoia Ribas A voceira de Vox nas Baleares, Idoia Ribas
G24.gal 29/01/2024 11:45 Última actualización 29/01/2024 12:49

O grupo Vox no Parlament balear expulsa o presidente da cámara autonómica, Gabriel LLe Senne, e a presidenta do partido no arquipélago, Patricia de las Heras.

Cinco dos sete deputados de Vox no Parlament autonómico reuníronse este luns para votar a expulsión dos outros dous, que pasarán a ter a condición de deputados non adscritos, segundo os escritos rexistrados polo grupo.

Os asinantes son Idoia Ribas, Sergio Rodríguez, María José Verdú, Agustín Buades e Manuela Cañadas, quen rompe desta forma coa dirección do partido nas illas.

A expulsión de Lle Senne terá como consecuencia, de acordo co regulamento da cámara lexislativa, a súa destitución como presidente do Parlament.

Xustifícanse as expulsións por ser un xeito de lograr "unidade" e seguir co seu traballo de colaboración co Govern do PP

Nunha comparecencia en que se negou a responder preguntas dos xornalistas, a voceira de Vox, Idoia Ribas, explicou as expulsións aludindo á necesidade de "unidade" e á vontade de conseguir "a mellor organización posible".

Así mesmo, relacionou esta expulsión coa vontade do grupo de continuar o seu traballo de colaboración co Govern do PP, co que asinou un acordo de investidura con 110 medidas das que, segundo dixo, 41 cumpríronse ou están en trámite.

"Necesitaremos moito traballo e unión", salientou a deputada, que subliñou a súa intención de acentuar a "colaboración coa acción do Govern" de Marga Prohens "nun clima de confianza".

"Traballaremos de xeito conxunto co PP, que nos necesita. (...) Non imos permitir que nada nin ninguén se interpoña niso", insistiu Ribas.

Vox obtivo oito deputados nas eleccións de maio, pero ata este luns contaba con sete porque o pasado outubro xa abandonou o grupo o menorquino Xisco Cardona tras a súa destitución como voceiro adxunto polas súas discrepancias na estratexia de presión ao PP para aprobar os orzamentos autonómicos.

Vox expulsará os cinco deputados baleares críticos coa dirección do partido

O vicepresidente e secretario xeral de Vox, Ignacio Garriga, anunciou este luns que solicitará ao Comité de Garantías a expulsión inmediata do partido dos cinco deputados de Baleares que son críticos coa dirección da formación nesta comunidade.

Garriga recalcou que estes cinco "suxeitos" tomaron a decisión "movidos exclusivamente por unha ambición persoal" e de forma "unilateral", sen autorización nin información previa ao Comité Executivo Nacional.

Ademais, expresou o seu apoio a Patricia de las Heras e Gabriel Lle Senne, afirmando que son quen "si representan a Vox" en Baleares" e "si van dar a batalla da defensa das ideas" do partido.

O presidente do Parlament balear asegura que o botan por seguir instrucións de Madrid

Pola súa parte, o presidente do parlamento autonómico, Gabriel Lle Senne, asegurou que a razón de que o "boten" do grupo parlamentario de Vox é "por seguir as directrices" da dirección nacional do partido.

Lle Senne mostrou a súa "tristeza" pola súa expulsión xunto á presidenta do partido Patricia de las Heras por parte doutros cinco deputados. 

O aínda presidente da cámara tamén sinala que os outros cinco representantes de Vox "secuestrarán" o grupo porque a dirección nacional do partido decidiu expulsalos.

O presidente saínte, que deixará o cargo o mércores, asegurou que descoñece os motivos desta crise. Negou que sexa por política lingüística e subliñou que os cidadáns depositaron a súa confianza nas pasadas eleccións autonómicas en Vox e non nos integrantes das listas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade