Vox maniféstase en Madrid contra a amnistía aos condenados polo 'procés'
Vox maniféstase en Madrid contra a amnistía aos condenados polo 'procés'
Unhas cen mil persoas, segundo a Delegación do Goberno, secundaron a protesta
A Fundación para a Defensa da Nación Española congregou unhas cen mil persoas na praza de Colón en Madrid, segundo a Delegación do Goberno. Protestan contra unha posible amnistía aos condenados polo procés en Cataluña.
"Estamos hoxe aquí para intentar frear a ofensiva do PSOE, que se substancia na concesión dunha anmistía que é a antesala dun referendo de autoderminación, e intentar frear este movemento para perpetrarse no poder", di Iván Vélez presidente da fundación convocadora.
"A anmistía suporía a morte do sistema do 78"
"O que viñemos é a anunciar algo, dicirlle a Sánchez que se sae das regras de xogo non haberá regras de xogo", afirma Juan Carlos Girauta, presidente da plataforma Pie en Pared.
O acto contou coa intervención do líder de Vox Santiago Abascal. Dixo que España está en perigo e arremeteu contra Pedro Sánchez.
"O golpe perpetrado o 2017 pola Generalitat traidora hoxe preténdese perpetrar dende o Palacio da Moncloa e non o imos permitir", asegura o lider de Vox Santiago Abascal.
Ademais da cúpula de Vox, outros rostros coñecidos da política asistiron a título persoal, como a expresidenta madrileña Esperanza Aquirre ou o exdeputado Marcos de Quinto.