Publicador de contidos
Publicador de contidos

A sardiña chega aos mercados a un mes do san Xoán

A sardiña chega aos mercados a un mes do san Xoán

O nordés fai que diminúan as sardiñas, pero malia haber pouca, o prezo deste peixe azul non supera os sete euros o quilo

G24.gal 24/05/2023 14:10

A sardiña, a raíña do san Xoán, xa está nos mercados. Pero malia que son moitos os que din que hai moitas ganas dela, son poucos os que, polo momento, se animan a mercala e probala.

E é que algún vendedor di que nestas datas aínda non molla o pan. Amais, estes días, o nordés está facendo que diminúan as capturas. Malia isto, o prezo non sobe. O quilo oscila entre os cinco e sete euros o quilo.

E mentres, na Coruña, comezan cos preparativos para a celebración do San Xoán, declarada Festa de Interese Turístico Internacional.

As máquinas xa retiraron a duna da praia de Riazor onde, anos tras ano, congréganse arredor de 150 mil persoas. E para evitar posibles incidencias na noite máxica, este ano, o dispositivo de seguridade pasará de 400 a 656 efectivos.

Unha das novidades será a estrea dos drons da Policía Local para vixiar desde o aire as praias de Riazor e O Orzán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade