Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa hai data para a derruba da cheminea da central térmica de Meirama

Xa hai data para a derruba da cheminea da central térmica de Meirama

A cheminea, de 204 metros de altura, será dinamitada o 1 de marzo

Unha voadura controlada pon final a 40 anos de servizo da torre de Meirama

G24.gal 13/02/2023 15:48 Última actualización 13/02/2023 18:51

Os técnicos están traballando para os facer os estudos e os traballos previos ao derrubamento da cheminea da central térmica de Meirama.

A cheminea, de 204 metros de altura, será dinamitada o 1 de marzo. Ao igual que pasou coa torre de refrixeración e os tres silos, derrubados o pasado 21 de decembro, será unha explosión controlada.

Se todo vai segundo o previsto e as condicións meteorolóxicas o permiten, o skyline de Meirama dirá adeus a outro dos seus símbolos en pouco máis de 15 días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade