Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa poden vacinarse contra o herpes zóster as persoas que este ano fagan 65 ou 80 anos

Xa poden vacinarse contra o herpes zóster as persoas que este ano fagan 65 ou 80 anos

 O Sergas inclúe esta nova vacina no seu calendario e a inmunización comeza hoxe mesmo

G24.gal 10/04/2023 14:33

Todas as persoas nacidas no ano 1943 e no 1958 están chamadas a vacinarse do herpes zóster. É unha decisión da Comisión Nacional de Saúde Pública que era para xuño, pero que aquí en Galicia se adianta a este 10 de abril. Son pois 50.000 as persoas que este ano están chamadas a inmunizarse. Para o ano que vén serán chamados os que cumpran daquela 65 ou 80, é dicir os de 1944 e 1959. E así sucesivamente ata cubrir todo o grupo de idade.

"O virus da varicela que case todos sufriron de meniños queda acantoado no sistema nervioso e cando van diminuíndo as defensas, e iso sucede dos 65 anos en diante, teñen un risco de que ese virus se reactive en forma de herpes zóster. Aparecen vesículas moi dolorosas, no percorrido dos ganglios nerviosos, sobre todo no tronco e no dorso", explica Susana Mirás, xefa de Servizo do Control de Enfermidades Transmisibles

A vacina é moi recomendable porque número de persoas que sofren o herpes zóster é amplo nestas idades e supónlles unha importante merma na calidade de vida. Ten unha complicación importante que é neuralxia postherpética, que é unha neuralxia de tipo neuropático que en moitos casos dura moitos anos e mesmo toda a vida.

En total serán 15 anos de vacinación para ter inmunizada toda a poboación maior de 65. Porque aos que este ano fan 66, por exemplo, nos lles tocaría vacinarse ata dentro de 14 anos, no 2037. Iso se continúa así o calendario, porque tampouco se descarta que nalgún momento decidan axilizalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade