Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa se poden obter os abonos gratuítos de Renfe para o segundo cuadrimestre

Xa se poden obter os abonos gratuítos de Renfe para o segundo cuadrimestre

É necesario depositar unha fianza de 20 € para o servizo de media distancia e de 10 € para o de proximidade, que serán devoltos ao finalizar o período se o viaxeiro realizou polo menos 16 viaxes 

Tren MD de Renfe Tren MD de Renfe
G24.gal 08/04/2024 13:21 Última actualización 08/04/2024 14:07

Renfe pon á venda desde este luns os abonos gratuítos de proximidade e media distancia para viaxar o próximo cuadrimestre, entre o 1 de maio e o 31 de agosto.

Para adquirir o abono, aínda que é gratuíto, é preciso depositar unha fianza de 10 euros no caso de proximidade e de 20 euros para cada servizo de media distancia convencional, que será devolta ao finalizar o período se o viaxeiro fixo polo menos 16 desprazamentos nos catro meses.

Segundo informou a compañía pública este luns nun comunicado, a adquisición dos abonos é posible a través da web de Renfe nesta ligazón no caso dos abonos de media distancia e Avant ou a través da App de Renfe no caso dos abonos de proximidade.

Para os servizos ferroviarios de Avant prorrógase o desconto do 50 %, a mesma rebaixa que se aplica a outros traxectos de alta velocidade que foron declarados Obrigación de Servizo Público (OSP).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade