Xavier Trias desvela que Collboni lle propuxera repartiren a alcaldía de Barcelona
Xavier Trias desvela que Collboni lle propuxera repartiren a alcaldía de Barcelona
O candidato de Junts explicou que a oferta consistía en ser alcalde dous anos cada un e que se negou
O rexedor barcelonés Jaume Collboni di que quere ser o alcalde de todos desde o diálogo
A elección do alcalde de Barcelona converteuse nunha película de suspense que partía cun actor protagonista, Xavier Trias, e o escollido acabou sendo outro, Jaume Collboni. O rexedor socialista, hoxe xa relaxado, apostaba polo diálogo:
"Quero ser o alcalde de todos os barceloneses e barcelonesas, vouno facer estando a pé de rúa, vou escoitar a xente e imos resolver os problemas máis inmediatos que temos na cidade e vouno facer conforme ao diálogo e ao acordo".
Xavier Trias resumiu a súa indignación polo desenlace da investidura nunha frase que se volveu viral e que reiterou este domingo entre aplausos no Consello Nacional de Junts:
"E repito: que lles dean, que lles dean e que lles dean".
O candidato de Junts reclamou unha fronte unida dos independentistas para “baixar do burro” a aqueles que o traizoaron e desvelou que Collboni lle propuxera compartir a alcaldía..
"Repartiriamos o goberno e dou anos sería el o alcalde, dous anos sería eu, e díxenlle que de ningunha das maneiras, que nin dous anos nin un ano".
Un combativo Trias propuxo apostar pola "confrontación intelixente" e asegurou que o problema dos cataláns non é a independencia, senón a "dependencia humillante de Madrid".