Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xeadas en abril: mínimas de sete graos baixo cero na comarca da Limia

Xeadas en abril: mínimas de sete graos baixo cero na comarca da Limia

As temperaturas mínimas da comunidade rexistráronse en Baltar e Calvos de Randín

G24.gal 03/04/2022 11:57

Moita friaxe nesta xornada en todo o país, pero as temperaturas máis baixas atopámolas, un día máis, na Limia. En Baltar e en Calvos de Randín, os termómetros caeron ata os sete graos negativos.

Así, malia estarmos en primavera, a estampa nesta comarca era invernal, con xeadas xeneralizadas en prados, cultivos e estradas. En Xinzo de Limia, rexistráronse menos cinco graos e para saír esta mañá cedo a camiñar, fixo falta abrigarse moito. 

Temperaturas xélidas tamén, e máis para o mes de abril, na montaña ourensá, con sete graos negativos na Veiga e en Manzaneda.

O aviso amarelo por temperaturas baixas que houbo este domingo ata as nove no sur da provincia de Ourense, segundo Meteogalicia, repetirase o luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade