Publicador de contidos
Publicador de contidos

O sector da limpeza de Lugo ameaza cunha folga indefinida se non hai acordo coa patronal

O sector da limpeza de Lugo ameaza cunha folga indefinida se non hai acordo coa patronal

2.000 traballadoras e traballadores están chamados a secundar a primeira xornada de paros

G24.gal 20/06/2023 14:10

Primeira xornada de folga no sector da limpeza da provincia de Lugo á que están chamados a secundar 2.000 traballadoras e traballadores. Manifestáronse este mediodía para evidenciar a situación do colectivo.

Denuncian que as retribucións anuais medias están 1.800 euros por debaixo do salario mínimo interprofesional. Os sindicatos consideran insuficiente a suba salarial ofrecia pola patronal e a acusan de dilatar as negociacións co obxectivo de aforrarse as actualizacións do ano pasado. Ameazan con ir á folga indefinida.

José Manuel Brea, responsable provincial do sector de limpeza de CC. OO., di que, "se o próximo día 27 as negociacións non collen outro camiño, vai ser un outono quente e a emprender unha folga indefinida neste sector. Que a patronal que teña moi en conta que chegou a hora de que o sector loite por dignificar o convenio de Lugo da limpeza, porque xa vai sendo hora de que deixen de ter o peor convenio de Galicia e un dos últimos de España".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade