Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada de moita calor e treboadas no interior de Galicia

Xornada de moita calor e treboadas no interior de Galicia

A máxima de Galicia rexistrouse en Leiro, ás catro e media da tarde: 32'7º

Na cidade de Ourense tamén superaron os 31º

Os termómetros baixaron de golpe a media tarde por mor das treboadas, que mesmo viñeron acompañadas de pedrazo nalgún punto

 

G24.gal 10/05/2024 20:55 Última actualización 10/05/2024 21:12

Aínda que sempre esaxera, o termómetro do parque ourensán de San Lázaro danos unha pista da tarde de calor que fixo este venres en Ourense.

"Hoxe é o día máis caloroso con diferencia". "Onte tamén lle chegou ben. Pero mellor así, que xa estamos fartos de chuvia. Que non veña a tormenta", comentan dúas ourensás.

Ás cinco da tarde rexistrábanse preto de 32 graos en Ourense, un máis en Leiro. Toda a conca ourensá do Miño subiu dos 30 graos. Temperaturas que animan a buscar o fresco, no caso de Ourense a carón do río.

"As piscinas aínda non abriron, pero o río dá fresquiño", di un veciño de Ourense.

Mesmo houbo quen se atreveu co primeiro baño da temporada nunhas augas, as do Miño, aínda frescas. Tamén se animaron as praias, aínda que con temperaturas bastante máis frescas ca no interior.

"Hai un pouco de brisa, pero aquí hai que aproveitar cada día que sae o sol", di unha muller na praia de Samil.

Treboadas

Os termómetros comezaron a baixar a partir de media tarde polas treboadas, que descargaron con forza nalgúns puntos, como podemos ver nestas imaxes recollidas en Leiro e mesmo acompañadas de pedrazo, como esta gravada no Carballiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade